Recuncho Gamer - Modo Versus: HOUSE OF THE DEAD 2 vs. TIME CRISIS 2 (27/10/2023) | DeVuego PR_ES
¿Quieres añadir o editar tus datos en DeVuego? Entra en DeVuego MODO: Edición_
Episodios
Recuncho Gamer
Radio / Podcast Video / TV 2020 - Presente
Recuncho Gamer
FICHA DE EPISODIO
Temp.
 

  Fecha de emisión 27 Octubre 2023
Título Modo Versus: HOUSE OF THE DEAD 2 vs. TIME CRISIS 2

Contenidos / Información Chega a nova sección do Recuncho Gamer: Modo Versus, onde dous xogos similares se baterán en varias categorías para definir cal é o que conta con mellores gráficos, mellor ambientación, máis diversión, momentos máis memorables, e máis momentos máis memerables. Hoxe o número 2 é a chave: enfróntanse dous clásicos de disparos sobre raíles de finais dos 90: nunha esquina, por parte de Sega temos os zombies que tomaron unha especie de Venecia en The House of the Dead 2; por outra banda, temos as pelis de acción dos 80 en versión contrarreloxo que nos trae Namco no Time Crisis 2, quen logrará impoñerse? Agora o resolvemos, aquí no Recuncho Gamer, no Modo Versus! O The House of the Dead 2 é un xogo de disparos sobre raíles de Sega saído en Arcade para a placa Naomi en novembro do 98, e que contaría con ports para a Dreamcast, Windows, Xbox e Wii. Neste caso a historia continúa un ano despois dos sucesos acontecidos no primeiro xogo. E tal como tamén pasa no Resident Evil, se o primeiro estaba ambientado nunha mansión, neste chegamos a unha cidade. Venecia neste caso. Nel poñémonos na pel de dous axentes que van investigar este gromo zombie en Venecia, onde está a base secreta de operacións de Goldman, o que puxo os cartos para o desastre do primeiro xogo. E, a ver, a base tan secreta non será cando é o único rañaceos en varios quilómetros á redonda. O moble de Arcade constaba dunha única pantalla na que disparaban os dous xogadores, e tiña versión en cabina, cunha cortina e todo, para que nos poidesen morder os zombis en intimidade. Time Crisis 2 de Namco saiu un ano antes, no 97. Contaría cunha versión en PlayStation 2. Poñémonos na pel de dous axentes que teñen que evitar que se lance un satélite nuclear que podería levar á dominación mundial de quen teña os seus códigos. Mantén do anterior ó sistema de pedal para cubrirnos e disparar e o tempo limitado; e ten como particularidade que se xogaba en dúas pantallas, cada unha co punto de vista de cada personaxe que terá por momentos percorridos distintos. --- O Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos videoxogos desde o desenfado. Encóntranos na nosa canle principal: https://www.youtube.com/recunchogamer 🤍 AXUDA O RECUNCHO GAMER • Patreon: https://www.patreon.com/RecunchoGamer • Tenda Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ ▶️ EMISIÓNS AO VIVO • Twitch: http://twitch.tv/recunchogamer ⚠️ ALERTAS PARA NON PERDERES NADA • Whatsapp: https://whatsapp.com/channel/0029VaDSwup002THxxDQCL2h • Telegram: https://t.me/Recunchogamer • Discord: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j 🎙️ OS NOSOS PODCASTS • Recuncho Gamer Podcast: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP • Outeiro Verde: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV • 1 dia, 1 jogo (micropodcast): https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udYKcyp_KJodRTpw-qUXMDt- 🔗 REDES SOCIAIS • Twitter: http://twitter.com/recunchogamer • Instagram: http://Instagram.com/recunchogamer • TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer • Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer #youtubeiras #TheHouseofthedead2 #TimeCrisis2 Ver en YouTube


La información de este episodio se ha importado automáticamente y todavía no ha sido revisada por un editor, por lo que puede contener caracteres erróneos, datos incompletos y otros errores.



Contenidos



Equipo

  Miembros del medio a fecha de publicación [6]


Listado completo de episodios
Volver a la ficha del medio
Añadir o corregir información

  Compartir