A necesidade dunha Escola de Imaxe en Galicia foi unha das reivindicacións permanentes nos encontros e debates sobre a imaxe celebrados dende 1984.
O proxecto da Escola de Imaxe e Son da Coruña naceu en maio de 1988 coa constitución dun seminario permanente. En setembro de 1989, convócase o concurso público de adxudicación das obras no recinto do I.F.P. Someso, nun barrio nos arrabaldes da cidade de A Coruña, na confluencia do Martinete e o Birloque e nas proximidades do barrio de Elviña. As súas dependencias pertencían á chamada formación profesional acelerada.
En xaneiro de 1990, publícase no DOG o decreto de creación da Escola e, o 23 de febreiro do mesmo ano, apróbase no BOE o regulamento do Módulo de operacións de Imaxe e Son. O longo de 1990 proseguen as accións administrativas (equipamento, profesorado), ata a inauguración oficial da Escola 14 de febreiro de 1991.
Ligazóns
Títulos / Cursos
Profesorado
Actividade
CIFP Imaxe e Son (EIS) leva 33 anos en activo
Ubicación
Someso 6, 15008 A CoruñaEngadir ou corrixir información