Asociación
Gaming Troop

Gaming Troop é a primeira asociación gamer galega nada en Pontevedra a finais do ano 2016, cando uns poucos amigos reunímonos a pensar na idea de ter un punto de encontro onde xuntarnos e viciar un intre. Así que despois duns meses aforrando, conseguimos un pequeno local ao que houbo que facer varias reformas (mesmo instalar a rede eléctrica).

Alí empezamos co noso propio material (uns poucos portátiles, algunha que outra consola e televisión prestada…). Pasou un mes ata que tivemos por fin internet e puidemos expor a idea de empezar a organizar actividades e eventos que nos fixesen crecer aos poucos.

Podemos dicir con orgullo que, o que empezou como un pequeno bosquexo, actualmente é todo un proxecto que aos poucos vai collendo máis forma. En dous anos conseguimos moitos logros tanto a nivel comunidade, sendo cada vez máis as persoas que nos coñecen e asisten aos nosos eventos por toda Galicia, como a nivel asociación, conseguindo mes a mes persoas interesadas en converterse en membros.

É por iso que, a nosa finalidade a longo prazo é converternos nun colectivo  gamer de referencia. A boa noticia é que todo indica que imos por bo camiño.

Ligazóns

  Constituída como asociación

Gaming Troop

Membros

Ver todos os membros

Eventos

TÍTULO FECHA INICIO FECHA FIN UBICACIÓN
Lérez Up 2023 26/08/2023 27/08/2023 Pontevedra

  Actividade

2016 - Presente
Esta asociación está en activo
Gaming Troop lleva 8 años en activo


Engadir ou corrixir información