Fundación
Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia é a primeira Fundación en España dedicada en exclusiva á historia do videoxogo. Constituída o 2 de marzo de 2020, o 20 de xullo de 2020 foi recoñecida "de interese galego" e por tanto adscrita ao Protectorado da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia. Administra entre outros proxectos o Museo do Videoxogo (MUVI), a primeira exposición permanente e museo de videoxogos aberto en España, inaugurado o 2 de febreiro de 2019 e con repercusión a nivel nacional.

A Fundación ten por unha banda a visión de analizar a historia do videoxogo como algo continuo e vivo, onde pasado e presente posúen elementos comúns que sempre apuntan ao futuro, e por outro a vontade de presentar o mundo do videoxogo ao público como unha forma de expresión cultural máis, coa rigorosidade e o respecto que se merece, de forma transversal e inclusiva a toda a poboación.

Os seus principais fins fundacionais son os seguintes:

  • Xestión, mantemento, desenvolvemento e apertura do Museo  do  Videoxogo ( MUVI), co propósito de exhibir, catalogar, reparar e  perservar todos aqueles dispositivos de hardware e software que poidan representar o patrimonio cultural legado polo universo do videoxogo ao longo de case 50 anos de historia.
  • Divulgación educativa e formación: exposicións, visitas virtuais, charlas, talleres, campañas de sensibilización, etc... en colaboración con outras entidades e institucións, públicas ou privadas.
  • Actividades culturais e sociais paralelas aos videoxogos e transversalidade, relacionadas coas narrativas, a música, o deseño artístico e industrial, a saúde, etc...
  • Proxectos de investigación e consultoría.
  • Impulsar particularmente a visibilidade do sector do videoxogo, a cultura e o idioma galegos.

A entidade conta cunha importante cantidade de fondos, a inmensa maioría en perfecto estado de conservación e funcionamento, de gran valor histórico e económico. Este catálogo está formado por  videoconsolas, computadores, máquinas  arcade, videoxogos e periféricos de todas as rexións e todas as épocas, que conforman un conxunto de máis de dous mil pezas orixinais, perfectamente conservadas e catalogadas.

Ligazóns

  Constituída como fundación

Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

Membros



Martínez Nieto

Febrero 2019
5 años y 2 meses


Martínez Nieto

Febrero 2019
5 años y 2 meses


Pereiro

Julio 2020
3 años y 9 meses
Ver todos os membros

Eventos

  Actividade

2020 - Presente
Esta fundación está en activo
Fundación Museo do Videoxogo de Galicia lleva 4 años en activo


Engadir ou corrixir información